SORPRESAS

decembro 19th, 2006

Ía camiñando pola beira do río e vía desde lonxe a inmensa fraga que se consumía ante a escuridade.Estaba a piques de chegar ata o refuxio onde me agardaba aquel estrano ser que me enviou o escrito a noite pasada.Levaba toda a xornada cavilando neste misterioso encontro.O meu desexo non era precisamente o de acudir á cita, mais unha gran forza conducíame en contra da  miña vontade.-Dous pasos, tres,…seis, dez…o curto traxecto facíase máis longo.

De repente, unha luz que proviña de aínda nonsei moi ben onde cegoume e obrigoume a entrar pola estreita cheminea coma se fose  Papa Noel.

Ho,ho,ho!Bo nadal compañeiro!Aquí che cedo o meu posto.A estes anos xa se me fai duro este traballo.Agardo que aceptes a miña proposta, pois de tantas como hai ti es a persoa indicada para facelo.Creme!Atalogo e xa sabes, bo nadal amigo!

Non vexades como me quedei ante semellante feito!Desde estas levo cada ano esperando estas fechas para poder contribuír a repartir a felicidade en anaquiños. 

Vou repartindo os agasallos que todo o mundo agarda con moito desexo no meu trineo acompañado dos meus seis cariñosos renos.

BO NADAL A TOD@S!

decembro 15th, 2006

Nestas fechas tan especiais

onde adoita a alegría predominar

onde as mañás frías son doces

 e as escuras noites sen soidade están

pois as luces saúdan á xente que ven pasar.

A neve cae do ceo como o sorrir dun rapaz

 os bonecos diante das casas  están

e  os meniños tiran farrapos sen parar.

A “guerra” abrandando vai

para dar paso a unha “paz”

que pronto rematará.

(Nesta época esperamos que tod@s  vós seades moi felices con todas as persoas que máis queirades que iso ao fin e ao cabo é o máis importante(non importan os aprobados e os suspensos, ser pobres ou ricos, tampouco a nacionalidade de cada un…))

A NOSA PRESENTACIÓN!!

decembro 14th, 2006

Read more…