marzo 21st, 2007
Que seríamos nós sen poesía?
Ratas nunha alcantarilla,
feras comendo tortilla…?
Quen expresaría o sentimento
que nos enche cada día?
Con quen compartiríamos confianza,
amizade e máis alegría?
Atreveríase alguén a saír á rúa en zapatillas?
Coa poesía si!Con ela todo é posible!
Desde crear un mundo ficticio
ata comprender a realidade a través del.
Consegue recrearnos no paraíso,
acompàñanos nos duros momentos
e disfruta connosco dos máis agradables.
………
Agora dime, que é a poesía para ti?
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 6 Comments
febreiro 14th, 2007
14 de febreiro, día dos namorados
pra quen teña o corazón encarnado!
Soamente poder pensar nesa cousa
que nos invade como unha enfermidade
ás veces insuperable
e outras tan agradable…!
Digna de aprecio e mesmo rechazamento.
Neste día tan sinalado
sinto non poder tervos ao meu lado.
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 5 Comments
febreiro 6th, 2007
A todas vós, si a vós!
queremos agradecervos de todo corazón:
esa gran confianza “sen ton nin son”,
esas risas permanentes que se reflexan en vós,
máis os oídos expostos a calquer dor.
GRAZAS,GRAZAS, GRAZAS…
Eses momentos inolvidables cheos de emoción,
as tardes dos venres con diversión,
as chamadas telefónicas e a comprensión,
os pañuelos de “Scottex” que fixeron falta na ocasión
e os bos consellos con solución!
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS…

tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 6 Comments
xaneiro 30th, 2007
Sumerxida na noite escura
sen poder ve-lo día
agochada detrás das nubes
con superficie de melancolía,
pero ante todo ALEGRÍA.
Cos ollos pechados canto ás anduriñas
solto doces palabras que piden ve-lo día
non recibo resposta e estou no mesmo intre,
pero ante todo ALEGRÍA.
Enlazada entre panos soño tonterías
esperto atontada na mesma galería
síntome sen nada,
pero ante todo ALEGRÍA.
Contras pechadas neste recunchiño
esquinas ocupadas por asasinos
e eu dentro sen oportunidade de saída,
pero ante todo ALEGRÍA.
Berros de esperanza énchenme a cabeza
voces infinitas non deixan que me remexa
susurros salteados fan de novo que me adormeza,
pero ante todo ALEGRÍA.

tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 4 Comments
xaneiro 30th, 2007
Sempre camiño “sen sentido” dende aquel día
Onde queira que estea
Non atopo ningunha guía
I o sol escurece lentamente
Antes de que eu chegue ao meu destino.
Mirando pra lonxe vexo algo que me asombra
Ai! penso que xa atopei a miña inspiración
Renego por chegar aló antes ca ninguén
I agocharme nela ata o resto da miña vida…
A miña casiña nunca máis abandonarei.
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 1 Comment
xaneiro 24th, 2007
A rúas estanse convertendo en lugares onde a xente se sente insegura, temendo a calquera cousa que poida suceder de imprevisto.Tamén impide relacionarse coas demais persoas, dar un paseo tranquilo, …Isto abunda sobre todo nas grandes cidades ocasionado pola aparición de grupos como por exemplo, os Latin Kings que amenazan, rouban ,provocan pelexas…
Esto non é cuestión de racismo, pois moita xente só se traslada a outro país con intención de traballar.Mais estes non é precisamente para elo e haberá que facer algo por impedilo.
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 5 Comments
xaneiro 17th, 2007
Son as dez,a primeira noite que paso na miña nova casa despois de reconstruíla.Estaba soa.Non sabía que facer, daquela púxenme a observar os meus álbumes e recordar tempos pasados e os mellores momentos,pois era os que fotografiara ao longo destes 27 anos.Eu tiña pensado trasladarme aquí desde uns meses atrás coa miña amiga Ánxela,mais un desgrazado acontecemento impediunolo,deixándome soa nesta vila.O gusto por este lugar era a súa tranquilidade, a súa beleza impresionante e a apacible vivenda apartada do resto dos habitantes do lugar.Esto agradábanos porque xa estabamos fartas da cidade.
11.45. Decido deitarme, estaba realmente cansa,despois de andar todo o día coa mudanza a voltas. Pecho os ollos pero non consigo conciliar o sono.Teño demasiadas cousas na cabeza e neste intre xustamente cae abaixo o espello que teño enfronte miña.Agarrotada de medo, encóllome e agárrome fortemente ás sabas, como pedindo protección.Sinto que unha gran espada me atravesa o corpo, deixándome sen vida.
Agora estou noutro mundo, demasiado diferente ao anterior,co miña amiga Ánxela que me agardaba sentada ao redor de algo chamado repousadeiro,que eu ata entón non coñecera.
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 4 Comments
xaneiro 10th, 2007
Chegou o novo ano cargado de própositos que contabamos cumprir con ilusión. A primeira semana resultou xenial, mais…o luns xa nos erguemos de moi mala gana, cun carácter non propio daqueles días, había que comezar de novo as clases, facer o almorzo nós, durmir pouco…todo fai que estemos insoportables e provoca broncas e enfados pequenos que logo se van…Hoxe(o terceiro día) xa tiñamos pensado mellorar, espertamos con máis ánimo, estamos de mellor humor e decidiramos seguir a cumprir todo eso que nos propuxeramos, que tiñamos esquecido desde hai uns días.Comezamos a xornada moi ben ata que nos dixeron:”dende logo, calquera chega a bacharelato!!!!”
(PD:Susana, non o tomes a mal!só puxemos esto porque nos fixo graza!(co esforzo que nós fixemos…)
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 2 Comments
decembro 20th, 2006
O frescor do amencer
xunto co cantar dos paxaros
e o leve murmuro dos ríos
produce unha doce armonía
que nos alegra todo o día.
Os animais de rama en rama
outros buscando que comer
algúns mensaxeiros da nada
todos eles viaxan
sen fin e sen parar
hacia unha fermosa paraxe
onde os agarda a desexada soidade.
Estamos moi preto de quedar sen
este preciado agasallo do mundo,
cada día unha árbore menos
seres sen alimento…
todo polo maldito interese financieiro
a nosa descuidada orde co medio
…
(Todo isto que ocorre coa natureza é polo noso beneficio e témola cargada de danos que a acabarán destruíndo, cousa nada a favor para a nosa saúde nin incluso para nós mesmos)
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 5 Comments