outubro 26th, 2007
Naquela parte segreda da casa non era de estrañar que se atopara Don Rodolfo: un home duns 55 anos, dono da súa riqueza, amábel, divertido, bondadoso e ao mesmo tempo antipático, aburrido e egoísta. Chamábanlle a atención todas esas cousas “peculiares”, as noticias insignificantes, os obxectos negros, as arañas peludas e de grandes patas [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: No Comments
outubro 15th, 2007
Venero os doces paseos sobre as nubescase me fan cóxegas nos meus pés descalzose axúdanme a esquecerme dos instantes amargos,
ata de min mesma, de todo.
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 1 Comment
outubro 15th, 2007
Gústame comtemplar as estrelas
acompañada ou soa.
Cada noite hai unha nova
que me sorrí
e me anima a vivir.
A amarela rebeloume un segredo,
que non podo dicir ata
que este ano teña fin.
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 1 Comment
xuño 14th, 2007
Ao principio pensamos
que só ían ser letras escuras
postas sobre un papel,
malgastadas e sen sentido.
Cremos que cada segundo que pasase
atopariámonos cabalgando no universo,
oíndote, mais non escoitándote
mirando ao horizonte.
Esta ignorante fantasía
non chegou a ficar real,
sendo cada xornada máis especial
espertando a nosa ” inspiración “
que ata entón nunca chegara a brotar.
Comezamos sendo dúas naquel setembro
mais hoxe as verbas [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 2 Comments
xuño 13th, 2007
Hoxe a tarde preséntase longa. Desde a Idade Media ao Barroco, XII séculos pasarán ante os nosos ollos. Pasando pola poesía popular tradicional, as 40 coplas de Jorge Manrique, continuando con Garcilaso de la Vega, involucrándonos na súa paixón amorosa por Isabel Freyre(Galatea…), con Fray Luis de León, Fernando de Herrera e aproximándonos ao Barroco [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: No Comments
xuño 6th, 2007
A miña casa, refuxio de toupa noitébrega de invernadoiro
[derretido
De soño repentino roto na noite inmaculada
De desexo de cristais mirabeis doces en amianto
De nubes de algodón cubertas de cemento
De río ruidoso rechamante desfeito na paz de zucre
A miña casa, de sentido de herba con neve cantando ó sol
[por enriba dos ladrillos angustiados e mentireiros
De zume turbio [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 2 Comments
maio 16th, 2007
O peor que lle pode ocorrer a unha persoa é enfrentarse contra ela mesma.Isto foi o que lle aconteceu a Azucena a semana pasada.A súa obriga era estudar para un importante exame que tería ao cabo dunha semana. O luns comezou co seu propósito. Esa mesma tarde Lois chamouna e cunha voz moi doce, fixo que modificara a súa intención. [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 2 Comments
maio 9th, 2007
Atácame a dor de cabeza
toma un “termalgin”
non me fai nada!
logo deitate a durmir
si, como se tivera tempo!
non me marees que me vai doer a min
que ten que ver iso?
Sinto moito, pero voume de aquí!!
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 1 Comment
abril 19th, 2007
Lexanos tempos de choiva, sol e neve derretida
escuros como o noso teclado,
que se agochan nestas caixas de Marilyn Monroe.
Recordos dunha infancia infinita que parecía non rematar
ata que se viu apoyada dun medio caxato adornado no que se reflexan sucesos amargos, menos divertidos e máis de traballo.
Esta vida pronto se consumirá
todo será esquecido e ningunhas escrituras [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 3 Comments
marzo 28th, 2007
O noso amigo sen palabras
que nos dirixe coa mirada.
Nunca poderemos entender
esta correspondencia tan inaudita
que xamais houberamos imaxinado.
Ás oito da tarde, no lugar habitual
o que enche a nosa conciencia
transfórmase en realidade.
Alí chega el co seu traxe fluorescente
no coche, matrícula, LU-…-X
a súa fermosura abrangue o territorio
e o noso corazón entra nun latir profundo.
Entreténse xogando ós dardos,
nós co [...]
tags: Sen clasificar author: soniamaria comments: 8 Comments