ENTRE SOMBRAS

outubro 26th, 2007

                                                                                                    
Naquela parte segreda da casa non era de estrañar que se atopara Don Rodolfo: un home duns 55 anos, dono da súa riqueza, amábel, divertido, bondadoso e ao mesmo tempo antipático, aburrido e egoísta. Chamábanlle a atención todas esas cousas “peculiares”, as noticias insignificantes, os obxectos negros, as arañas peludas e de grandes patas [...]

outubro 15th, 2007

Venero os doces paseos sobre as nubescase me fan cóxegas nos meus pés descalzose axúdanme a esquecerme dos instantes amargos,
ata de min mesma, de todo.

outubro 15th, 2007

Gústame comtemplar as estrelas
acompañada ou soa.
Cada noite hai unha nova
que me sorrí
e me anima a vivir.
A amarela rebeloume un segredo,
que non podo dicir ata
que este ano teña fin.