PRA TI

xuño 14th, 2007

Ao principio pensamos
que só ían ser letras escuras
postas sobre un papel,
malgastadas e sen sentido.

Cremos que cada segundo que pasase
atopariámonos cabalgando no universo,
oíndote, mais non escoitándote
mirando ao horizonte.

Esta ignorante fantasía
non chegou a ficar real,
sendo cada xornada máis especial
espertando a nosa ” inspiración “
que ata entón nunca chegara a brotar.

Comezamos sendo dúas naquel setembro
mais hoxe as verbas sáennos a conxunto,
pra ti.

Neses días amargos,
no que o bloqueo estaba ao noso lado
aí estabas ti, sempre dando ánimo:
nada estaba mal, só se podía mellorar.
(Sempre algo así se agradece).

Non te coñeciamos
tampouco agora,
mais nestes nove meses
pensamos que algo si,
coma ti a nós.

Todo está a punto de rematar
e non sabemos
se o ano que vén será igual
(agardemos que si!).

Grazas por darlle vida ás clases,
por facer que as cores
no nosa cabeza revoletearan,
que a musicalidade ao noso corazón chegara.

Momentos malos hóuboos,
caras malas igualmente,
“sabe Deus o qué” tamén estivo presente
mais como en todos os sitios.

(PD: O PRINCIPAL:que saibas, Susana, que non é peloteo.Non é propio de nós, quizáis sexamos máis ben ásperas certas veces que agradables, inconscientemente, eso si!Apetecíanos facelo.Pensamos que era o mínimo.Cartos non temos e outro medio tampouco sabemos!!jeje!)

2 Comments

  1. Comment by xenevra on 17 xuño 2007 2:30 am

    oh deus!!! e que podo dicir se acabades de deixarme sen palabras????
    grazas? vós a min? para nada. grazas a vós por todo o que compartistes comigo, por todo o que de vós aprendín, por darlle palabras ao meu soño que agora xa é voso. pase o que pase xa sodes, por sempre, donas das palabras.
    un bico moi sincero dende o fondo do meu corazón, que agora reborda emocións por todas partes. grazas por deixarme quedar un ratiño de 9 meses no voso mundo.
    non esquezades que sodes únicas!!!!

  2. Comment by iago666 on 18 xuño 2007 7:29 pm

    bárbaro, fantástico, único. A mellor maneira de describir perfectamente todo o que pasamos aquela semana. Aínda que podiades aforrar o peloteo :P(jajaja).
    Un bico!

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Leave a comment