POEMA SUPERREALISTA

xuño 6th, 2007

A miña casa, refuxio de toupa noitébrega de invernadoiro

                                                                                [derretido

De soño repentino roto na noite inmaculada

De desexo de cristais mirabeis doces en amianto

De nubes de algodón cubertas de cemento 

De río ruidoso rechamante desfeito na paz de zucre

A miña casa, de sentido de herba con neve cantando ó sol

             [por enriba dos ladrillos angustiados e mentireiros

De zume turbio de limón branco correndo 

[nunha moto como unha onda retorcida de morcego

A miña casa, de montaña mollada sobre a rúa cansada do [inverno vermello

De cuberta cóncava e superficial coma a reforma do leito

loitando contra un soño de setembro desfeito nunha cheminea negra de fráxiles destellos electrocutando a luz dun coello de [mirada de azafrán

A miña casa, chea de recipiente cuberto de historia repetida

con fondo gris, amargado, de tubo de escape fogoso deitado [sobre a area da praia

A miña casa, nunha toupeira fonda do invernadoiro do [veciño enfarrucado. 

2 Comments

  1. Comment by xenevra on 6 xuño 2007 12:29 pm

    precioso paseo vangardista pola cara oculta da palabra!!!!!

  2. Comment by Xocas on 14 xuño 2007 6:04 pm

    Gústame ! Unha análise fonética seguro que daba algún resultado interesante. Polo demáis é rotunda, musical, imaxinativa (claro…)e ten un contrapunto moi logrado entre os elementos naturáis e os que son todo o contrario.
    Por momentos, mesmo brillante. Non direi a quen me lembra que tampouco é cousa de subirse á parra…:)))

    Noraboa !

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Leave a comment