POEMA SUPERREALISTA
xuño 6th, 2007A miña casa, refuxio de toupa noitébrega de invernadoiro
[derretido
De soño repentino roto na noite inmaculada
De desexo de cristais mirabeis doces en amianto
De nubes de algodón cubertas de cemento
De río ruidoso rechamante desfeito na paz de zucre
A miña casa, de sentido de herba con neve cantando ó sol
[por enriba dos ladrillos angustiados e mentireiros
De zume turbio de limón branco correndo
[nunha moto como unha onda retorcida de morcego
A miña casa, de montaña mollada sobre a rúa cansada do [inverno vermello
De cuberta cóncava e superficial coma a reforma do leito
loitando contra un soño de setembro desfeito nunha cheminea negra de fráxiles destellos electrocutando a luz dun coello de [mirada de azafrán
A miña casa, chea de recipiente cuberto de historia repetida
con fondo gris, amargado, de tubo de escape fogoso deitado [sobre a area da praia
A miña casa, nunha toupeira fonda do invernadoiro do [veciño enfarrucado.
2 Comments
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Leave a comment






precioso paseo vangardista pola cara oculta da palabra!!!!!
Gústame ! Unha análise fonética seguro que daba algún resultado interesante. Polo demáis é rotunda, musical, imaxinativa (claro…)e ten un contrapunto moi logrado entre os elementos naturáis e os que son todo o contrario.
Por momentos, mesmo brillante. Non direi a quen me lembra que tampouco é cousa de subirse á parra…:)))
Noraboa !