Desorde mental

maio 16th, 2007

O peor que lle pode ocorrer a unha persoa é enfrentarse contra ela mesma.Isto foi o que lle aconteceu a Azucena a semana pasada.A súa obriga era estudar para un importante exame que tería ao cabo dunha semana.  O luns comezou co seu propósito. Esa mesma tarde Lois chamouna e cunha voz moi doce, fixo que modificara a súa intención. Invitábaa a pasar algúns días escalando na montaña xunto a algúns amigos máis. Ela, no seu interior negábase, mais non puido dicirlle que non. Sabía que suspedería aquel exame, pero algo a empuxaba a aceptar a proposta do seu amigo.

Sería unha aventura inolvidable. 

O martes emprenderon a súa viaxe. Non se equivocara. Foi moi divertido para o grupo e non se produciu ningún percance.

O domingo pola mañá chegou derrotada e sen ganas de facer o que debía. Agora non había volta atrás.

Á primeira hora do luns atopábase nun pupitre, cun folio en branco diante, no mesmo estado en que permanecería o resto do tempo.

Sentía unha forte presión na súa cabeza. Comezou a botar pestes contra ela mesma por non ter claras as ideas. Este era máis que un simple exame; podía perder un ano de estudo.

Un golpe fondo apreixou o seu corazón. Latexaba?

2 Comments

  1. Comment by xenevra on 31 maio 2007 12:19 am

    perder un ano de estudo???? quen vos dixo a vós que o tempo pode perderse??? cada un dos minutos vividos é unha inversión de futuro, un paso máis no camiño que nos leva a construírnos como persoas (ou no voso caso como poetas).

  2. Comment by shadowstar on 3 abril 2008 2:35 pm

    Every time I visit this website I loose my assurance that everything written here is real. But even if it’s not true, I keep on visiting it because it’s interesting. There are many posts which you can’t find anywhere else.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Leave a comment