marzo 28th, 2007

O noso amigo sen palabras
que nos dirixe coa mirada.
Nunca poderemos entender
esta correspondencia tan inaudita
que xamais houberamos imaxinado.
Ás oito da tarde, no lugar habitual
o que enche a nosa conciencia
transfórmase en realidade.
Alí chega el co seu traxe fluorescente
no coche, matrícula, LU-…-X
a súa fermosura abrangue o territorio
e o noso corazón entra nun latir profundo.
Entreténse xogando ós dardos,
nós co [...]

Á POESÍA

marzo 21st, 2007

Que seríamos nós sen poesía?
Ratas nunha alcantarilla,
feras comendo tortilla…?
Quen expresaría o sentimento
que nos enche cada día?
Con quen compartiríamos confianza,
amizade e máis alegría?
Atreveríase alguén a saír á rúa en zapatillas?
Coa poesía si!Con ela todo é posible!
Desde crear un mundo ficticio
ata comprender a realidade a través del.
Consegue recrearnos no paraíso,
acompàñanos nos duros momentos
e disfruta connosco dos máis [...]