ALEGRÍA

xaneiro 30th, 2007

Sumerxida na noite escura

sen poder ve-lo día

agochada detrás das nubes

con superficie de melancolía,

pero ante todo ALEGRÍA.

Cos ollos pechados canto ás anduriñas

solto doces palabras que piden ve-lo día

non recibo resposta e estou no mesmo intre,

pero ante todo ALEGRÍA.

Enlazada entre panos soño tonterías

esperto atontada na mesma galería

síntome sen nada,

pero ante todo ALEGRÍA.

Contras pechadas neste recunchiño

esquinas ocupadas por asasinos

e eu dentro sen oportunidade de saída,

pero ante todo ALEGRÍA.

Berros de esperanza énchenme a cabeza

voces infinitas non deixan que me remexa

susurros salteados fan de novo que me adormeza,

pero ante todo ALEGRÍA.

4 Comments

  1. Comment by shaila on 1 febreiro 2007 1:03 pm

    gracia polo voso apoio.
    sorte e nonme equezades. aquí tedes unha amiga para o que vos faga falta.
    moitos bicos

  2. Comment by xenevra on 14 febreiro 2007 1:04 pm

    alegría, pois

  3. Comment by Ainara on 18 abril 2007 9:24 am

    a primeira vez que escoitei este poema foi por telefono nunha chamada de sonia!!a verda e que mo liches bastante rapido pero consiguiches que me quedara claro que a alegria por diante de todo o demais e que hay que disfrutar,jeje!!espero que o teñas ti tamen en conta!!bks

  4. Comment by lucydance on 29 febreiro 2008 11:24 am

    I have been in Network Marketing for about 15 years. I have NEVER seen such a total opportunity where almost everyone who takes a look wants to join. People just see the magic in this program

    check it out by going to..

    work at home online

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Leave a comment