ALEGRÍA

xaneiro 30th, 2007

Sumerxida na noite escura
sen poder ve-lo día
agochada detrás das nubes
con superficie de melancolía,
pero ante todo ALEGRÍA.
Cos ollos pechados canto ás anduriñas
solto doces palabras que piden ve-lo día
non recibo resposta e estou no mesmo intre,
pero ante todo ALEGRÍA.
Enlazada entre panos soño tonterías
esperto atontada na mesma galería
síntome sen nada,
pero ante todo ALEGRÍA.
Contras pechadas neste recunchiño
esquinas ocupadas por [...]

A NÓS

xaneiro 30th, 2007

Sempre camiño “sen sentido” dende aquel día
Onde queira que estea
Non atopo ningunha guía
I o sol escurece lentamente
Antes de que eu chegue ao meu destino.
Mirando pra lonxe vexo algo que me asombra
Ai! penso que xa atopei a miña inspiración
Renego por chegar aló antes ca ninguén
I agocharme nela ata o resto da miña vida…
A miña casiña nunca máis abandonarei.