NOITE SEN FIN
xaneiro 17th, 2007Son as dez,a primeira noite que paso na miña nova casa despois de reconstruíla.Estaba soa.Non sabía que facer, daquela púxenme a observar os meus álbumes e recordar tempos pasados e os mellores momentos,pois era os que fotografiara ao longo destes 27 anos.Eu tiña pensado trasladarme aquí desde uns meses atrás coa miña amiga Ánxela,mais un desgrazado acontecemento impediunolo,deixándome soa nesta vila.O gusto por este lugar era a súa tranquilidade, a súa beleza impresionante e a apacible vivenda apartada do resto dos habitantes do lugar.Esto agradábanos porque xa estabamos fartas da cidade.
11.45. Decido deitarme, estaba realmente cansa,despois de andar todo o día coa mudanza a voltas. Pecho os ollos pero non consigo conciliar o sono.Teño demasiadas cousas na cabeza e neste intre xustamente cae abaixo o espello que teño enfronte miña.Agarrotada de medo, encóllome e agárrome fortemente ás sabas, como pedindo protección.Sinto que unha gran espada me atravesa o corpo, deixándome sen vida.
Agora estou noutro mundo, demasiado diferente ao anterior,co miña amiga Ánxela que me agardaba sentada ao redor de algo chamado repousadeiro,que eu ata entón non coñecera.
4 Comments
Comments RSS TrackBack Identifier URI
Leave a comment






é un diario? vai continuar? Nese caso falta a data inicial, non?
gústame a idea de publicar un diario.
Realmente non era a nosa intención facer un diario, simplemente narrar unha pequena historia.Era unha boa idea, mais gustaríanos facer cousas distintas cada día.
oooooh….q pena…pois amin estábam gustndo…porq non seguides???? seguide!!jeje bkosss!
Hello! Good Site! Thanks you! wmnlschzaldrc