ALEGRÍA

xaneiro 30th, 2007

Sumerxida na noite escura
sen poder ve-lo día
agochada detrás das nubes
con superficie de melancolía,
pero ante todo ALEGRÍA.
Cos ollos pechados canto ás anduriñas
solto doces palabras que piden ve-lo día
non recibo resposta e estou no mesmo intre,
pero ante todo ALEGRÍA.
Enlazada entre panos soño tonterías
esperto atontada na mesma galería
síntome sen nada,
pero ante todo ALEGRÍA.
Contras pechadas neste recunchiño
esquinas ocupadas por [...]

A NÓS

xaneiro 30th, 2007

Sempre camiño “sen sentido” dende aquel día
Onde queira que estea
Non atopo ningunha guía
I o sol escurece lentamente
Antes de que eu chegue ao meu destino.
Mirando pra lonxe vexo algo que me asombra
Ai! penso que xa atopei a miña inspiración
Renego por chegar aló antes ca ninguén
I agocharme nela ata o resto da miña vida…
A miña casiña nunca máis abandonarei.

NON É COUSA DE RACISMO

xaneiro 24th, 2007

A rúas estanse convertendo en lugares onde a xente se sente insegura, temendo a calquera cousa que poida suceder de imprevisto.Tamén impide relacionarse coas demais persoas, dar un paseo tranquilo, …Isto abunda sobre todo nas grandes cidades ocasionado pola aparición de grupos como por exemplo, os Latin Kings que amenazan, rouban ,provocan pelexas…
Esto non é [...]

NOITE SEN FIN

xaneiro 17th, 2007

Son as dez,a primeira noite que paso na miña nova casa despois de reconstruíla.Estaba soa.Non sabía que facer, daquela púxenme a observar os meus álbumes e recordar tempos pasados e os mellores momentos,pois era os que fotografiara ao longo destes 27 anos.Eu tiña pensado trasladarme aquí desde uns meses atrás coa miña amiga Ánxela,mais un desgrazado acontecemento impediunolo,deixándome soa nesta [...]

VOLTA Á RUTINA

xaneiro 10th, 2007

Chegou o novo ano cargado de própositos que contabamos cumprir con ilusión. A primeira semana resultou xenial, mais…o luns xa nos erguemos de moi mala gana, cun carácter non propio daqueles días, había que comezar de novo as clases, facer o almorzo nós, durmir pouco…todo fai que estemos insoportables e provoca broncas e enfados pequenos [...]