SORPRESAS

decembro 19th, 2006

Ía camiñando pola beira do río e vía desde lonxe a inmensa fraga que se consumía ante a escuridade.Estaba a piques de chegar ata o refuxio onde me agardaba aquel estrano ser que me enviou o escrito a noite pasada.Levaba toda a xornada cavilando neste misterioso encontro.O meu desexo non era precisamente o de acudir á cita, mais unha gran forza conducíame en contra da  miña vontade.-Dous pasos, tres,…seis, dez…o curto traxecto facíase máis longo.

De repente, unha luz que proviña de aínda nonsei moi ben onde cegoume e obrigoume a entrar pola estreita cheminea coma se fose  Papa Noel.

Ho,ho,ho!Bo nadal compañeiro!Aquí che cedo o meu posto.A estes anos xa se me fai duro este traballo.Agardo que aceptes a miña proposta, pois de tantas como hai ti es a persoa indicada para facelo.Creme!Atalogo e xa sabes, bo nadal amigo!

Non vexades como me quedei ante semellante feito!Desde estas levo cada ano esperando estas fechas para poder contribuír a repartir a felicidade en anaquiños. 

Vou repartindo os agasallos que todo o mundo agarda con moito desexo no meu trineo acompañado dos meus seis cariñosos renos.

2 Comments

  1. Comment by xenevra on 20 decembro 2006 12:57 pm

    Está ben iso de ir repartindo sorpresas. De feito, foi unha sorpresa para min o xeito en que rematou o conto. Tíñame “pinta” de relato de terror (hehehehehe)

  2. Comment by Roi on 21 decembro 2006 1:56 pm

    Pareceme unha historia un tanto peculiar,pero é simpática.
    ¿Quen a escribiu?
    Por certo sonia tes que publicar a túa novela que estou desexando lela.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Leave a comment