ENTRE SOMBRAS
Outubro 26th, 2007
Naquela parte segreda da casa non era de estrañar que se atopara Don Rodolfo: un home duns 55 anos, dono da súa riqueza, amábel, divertido, bondadoso e ao mesmo tempo antipático, aburrido e egoísta. Chamábanlle a atención todas esas cousas “peculiares”, as noticias insignificantes, os obxectos negros, as arañas peludas e de grandes patas e os bichos voladores como os vampiros, os zorros-morcegos… Aborrecía, pola contra, as comidas familiares, as actividades colectivas, saudar aos veciños e nadar sobre a auga.
-Alexandra, hoxe non te hei de necesitar para as labores diarias – comunicoume ao se erguer-.
-Logo, como se arranxará?-.
-Non vou estar aquí, outros me servirán aló-.
-Deica maña… logo…- desconcertoume-.
Íame retirar cando se me ocorreu ocultarme no interior dunha armadura que permanecía á entranda da sala, con fin de aventurarme na guarida de Don Rodolfo. Era poderoso o verme que por dentro me comía! Despois de tanto anos alí necesitaba observar, ver, coñecer, descubrir…Mais… maldito día 11 en que non vin saír polas portadas de madeira a Don Rodolfo, co seu caxato labrado en forma de serpe…









